sábado, 19 de abril de 2008

¿Que son as matemáticas?


Para John D.Barrow, as matemáticas son o nome que lle damos a todas as pautas e interrelacións posibles. Algunhas destas pautas son entre formas; outras, entre secuencias de números; outras, relacións entre estructuras. A esencia das matemáticas é a relación entre cantidades e cualidades. Polo tanto, a sua existencia non é un misterio, é inevitable. En calqueira universo son necesarias as matemáticas, porque sempre existe un orde, tamén existen pautas, polo tanto: tamén debe de haber matemática.

Para Lee Smolin, as verdades matemáticas poden ser certas sempre porque en realidade, non se basan en nada que exista, só falan de posibles relacións. Polo tanto, os teoremas das matemáticas existen fóra do tempo, e para que algo exista ten que estar dentro do tempo.

Albert Einsten pregúntase cómo pode ser que as matemáticas, que son un producto humano independiente de algunha experiencia, estean tan adaptadas aos obxectos da realidade.

Para Felipe Picatoste e Rodríguez, as matemáticas estudan a cantidade. Algúns matemáticos e filósofos rechazan esta definición, según eles as matemáticas comprenden todos os fenómenos físicos na súa forma, son as que estudan o mundo físico, as leis do tempo e do espazo. A lei da cantidade aplicada ao tempo é a sucesión de instantes; a lei da cantidade aplicada ao espazo, a extensión.

Stanislas Dehaene cre que os números, e os demais obxectos matemáticos, son construccións mentais cuxas raíces se encontran na adaptación do cerebro humano. Pregúntase se realmente o universo está escrito en linguaxe matemático, ou se esa é a única forma na que podemos tratar de comprendelo.

Para Bertrand Russell, as matemáticas consisten en afirmacións como "se tal proposición é verdadeira de algo, entón tal outra proposición é verdadeira de esa mesma cousa". Se a nosa hipótese é sobre algo, e non sobre algo certo, entón as nosas deduccións constitúen as matemáticas. As matemáticas poden definirse como a disciplina na que nunca sabemos do que estamos falando, nin se o que estamos dicindo é verdade.





Esta primeira entrada é sobre as distintas definicións das matemáticas para algúns filósofos do pasado. Puxen as que me pareceron interesantes, eu quédome coa definición das matemáticas de John D.Barrow, creo que a utilización das matemáticas é inevitable, necesitámolas para todo; aínda que tamén me parece moi interesante o que di Stanislas Dehaene.

Nada máis por hoxe, espero que disfrutedes desta entrada.

Enlace: http://www.epsilones.com/paginas/t-definiendo.html




2 comentarios:

antia92 dijo...

Eu tamén penso que as matemáticas son necesarias para todo!inevitablemente...por moito que nos queixemos delas.Bueno,por moito que me queixe eu jeje.Volverei pasarme
Un bico !

olga dijo...

Alba, noraboa polo teu blog.
Pasarei por aquí de cando en vez para ler as curiosidades de mates que poñedes.
Saúdos!

Olga