Antigamente, utilizábanse palabras para referirse aos símbolos, por exemplo, para decir "igual", utilizábase aequales, aequantum, ou abreviaturas, como aeq. Descartes usa o símbolo parecido ao de infinito, que probablemente provén da inicial da palabra ae qualis (que significa igual, en latín). O símbolo = aparece por primeira vez en 1557 por Robert Recorde (aínda que non se empeza a usar ata o século XVII), que afirma que elixiu ese símbolo porque dúas cousas non poden ser máis iguais que dúas liñas paralelas.
Os símbolos < e > débense a Thomas Harriot, ao igual que o símbolo · para a multiplicación. Os símbolos actuais para representar que algo non é igual que algo débense a Euler.
O símbolo x para a multiplicación débese a Oughtred, ao igual que o símbolo ∏, que foi utilizado para representar a circunferencia dun círculo.
O símbolo √ para a raíz cadrada foi utilizado por Christoff Rudolff.
O símbolo φ para a relación áurea débese ao matemático americano Mark Barr, e foi elixida porque era a primeira letra do nome Phidias que usaba a relación aúrea nas súas esculturas.
O símbolo 0 é moi recente, os romanos non tiñan símbolo para representalo, senón que se cre que os indios foron os primeiros en utilizalo.
Os símbolos x, y e z (últimas do alfabeto) para representar incógnitas foron introducidas polo libro de "Geometrie" de Descartes, que cando se estaba imprimindo, o editor deuse conta que debido á cantidade de ecuacións que tiña o libro, se quedaban sen letras, e preguntoulle a Descartes se podía utilizar outras letras. Finalmente o editor elixiu a x, porque en francés se utiliza pouco. Non é seguro que isto sexa verdadeiro, a outra versión é que x se utilizou como abreviación de shei (que significa cousa, en árabe).
E o símbolo da flecha → dos límites foi introducida por Godfrey Harold Hardy.
Enlace: http://www.telefonica.net/web2/lasmatematicasdemario/Historia/Simbolos.htm
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Pásome por aqui por primeira vez,e fareino máis a miúdo (en todos os blogs estou poñendo o mesmo..jaja).
Escribín mal no enlace a dirección do teu blog e non sei porque motivo non me deixa modificalo..Intentareino máis tarde.
Un bico
Publicar un comentario